O PASADO MINEIRO DO NOSO CONCELLO

Lámina de tiras do terceiro milenio A.C.  (Tesouro de Cícere, Santa Comba)
Santa Comba ten un pasado relacionado coa metalurxia tradicional que ven da noite dos tempos. Na parroquia de San Pedro de Cícere atopouse na primeira parte do século XX unha colección de ornamentos de ouro datados no terceiro milenio A.C. e que hoxe están expostos no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón en A Coruña.

Este tipo de obxetos, xerados a partir de achádegos casuais de ouro (habitualmente de carácter aluvial), darían paso á explotación sistemática dos recursos mineiros tres mil anos máis tarde por parte dos romanos, que foron os primeiros grandes conocedores da minaría a gran escala nos tempos antigos.

Xa en tempos modernos, dende o 1914 a actividade mineira do wolframio foi o factor predominante. Durante a Segunda Guerra Mundial, en Santa Comba instalouse a maior explotación de Europa, que chegou a contar con varios miles de traballadores. Moitos daqueles obreiros pagaron a puxanza desde metal coa súa propia saúde.


Cadro dedicado aos mineiros de Varilongo no Concello de Santa Comba

Naqueles tempos, Santa Comba convertiuse en enclave estratéxico, xa que os alemáns necesitaban o mineral para endurecer os metais na fabricación de armamento, saíndo este por vía marítima dende os portos de Balarés el Vilagarcía. Os ingleses tamén o compraban, pero neste caso para facer subir o seu precio, máis non o utilizaban, porque naquela época non dispoñían de tecnoloxía suficiente para o seu aproveitamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario